Lei de transparencia
En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a Federación Galega de Espeleoloxía expón a seguinte información:
Información Institucional, Organizativa e de Planificación
Federación
A Federación Galega de Espeleoloxía (no sucesivo, FGE), é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados e plena capacidade de obrar, cuxo ámbito de actuación estendese ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Constituíuse o 30 de Maio de 1.981 sendo a continuación do antigo Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (1.969) e a Sección Galega de Espeleoloxía (1.977).
Na FGE intégranse os clubs, as seccións deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados estatutariamente establecidos, co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento da modalidade deportiva da espeleoloxía e as súas especialidades: espeleomergullo, espeleosocorro e descenso deportivo de canóns e barrancos.
A FGE está afiliada e ostenta a representación exclusiva de Galicia perante a Federación Española de Espeleoloxía (FEE), así mesmo, en cantas actividades e competicións oficiais de carácter estatal celebradas fora e dentro da Comunidade Autónoma Galega, que están relacionadas coa Espeleoloxía.
Información Organizativa
A FGE terá como órganos fundamentais:
- De goberno e representación
- A Asemblea Xeral e a súa Comisión Delegada.
- O Presidente.
- Complementarios
- A Xunta Directiva.
- Técnicos
- Escola Galega de Espeleoloxía.
- De xustiza federativa
- O Comité Xurisdicional e de Conciliación.
- O Comité de Apelación.
Así mesmo, poderanse formar cantas comisións considere oportunas a Xunta Directiva e aprobe a Asemblea.
PRESIDENTE: D. Gonzalo Villarmea Carreiras
- Vicepresidente e vogal de Atlas e Conservación: D. Marcos Vaqueiro Rodríguez
- Secretario: D. Ignacio Hornes Amenedo
- Tesoureira: D. Susana Aguiar Vale
- Actividades: Dna. Rosa María Varela Villasante
- Divulgación e Publicacións: D. Xurxo Lorenzo Fouz
- Refuxios: D. Reinaldo Costas Vázquez
- TPV e Competición: Dna María Luisa Barros Rodríguez
- Dirección da E.G.E.: Dna. Carolina Rodriguez Domingo
Normativa Aplicable
- Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia, ou norma que a substitúa*.
- Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
- Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
- Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
- Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia da FGE: Estatutos e Regulamento.
*Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (modificacións resaltadas en cor amarela).
Información Económica, Orzamentaria e Estatística
| Orzamentos | Balance | PyG | Contas Anuais | Auditoría | Outros |
|---|---|---|---|---|---|
| 2024-Orz | 2024-Balance | 2024-PyG | 2024-Contas | 2024-Auditoría | |
| 2023-Orz | |||||
| 2022-Orz | |||||
| 2021-Orz | 2021-Balance | 2021-PyG | |||
| 2020-Contas | |||||
| 2017-Auditoría | |||||
| 2012 |
Ningún membro da Xunta Directiva recibe retribucións polo devandito cargo, percibindo únicamente dietas pola compensación de gastos de desprazamento derivados de actividades propias do cargo.
Convenios
- 2024 – Convenio Concello de Mondoñedo: guiado y actividades en la Cova do Rei Cintolo
- 2024 – Convenio Xunta
- 2023 – Convenio coa Axencia Galega de Seguridade (112)
- 2023 – Convenio Xunta.
- 2022 – Convenio Xunta
- 2021 – Convenio Xunta
- 2014 – Convenio de colaboración con la Unidad de Psicología y Coaching Deportivo (UPCD)

