Presentación: Patrimonio da colectividad
Autor: Enrique de Arce
Furada nace da necesidade de dar a coñecer os traballos da colectividade de espeleólogos de Galicia. As súas páxinas queren ser testemuño permanente das cavidades de Galicia; luz, en fin, para os traballos que o espeleólogo-científico realiza nas entrañas da terra, nese mundo que é escuro e silencioso, pero extraordinariamente atractivo para o home que ama a natureza.
Aumento espectacular
Autor: Redacción
Unha ollada aos datos proporciona unha idea do avance da espeleología en Galicia no últimos cinco anos. Estes datos indican que este aumento é espectacular. Lembremos a estes espeleólogos que as covas hai que mantelas limpas. E que coiden de que ninguén faga desfeitas, pois a natureza necesita centos de anos para recompoñer a estalactita que o home pode romper nunha fracción de segundo.
A Buraca Das Choias
Autor: Manuel Díaz Prieto
O presente traballo relata as incursións realizadas nesta cavidade por cuxo interior discorre un río. Ata o momento as exploracións non puideron efectuarse máis aló do segundo sifón.
Notas sobre as formas kársticas do Val do Río Seco
Autor: Joaquín Jiménez de Azcárate
O presente traballo introduce ao lector no coñecemento das cavidades existentes no Valle del Río Seco, unha zona da serra do Courel (Lugo) rica en formas kársticas.
A sima Aradelas
Autor: Luis Rojo.
Galicia, polas súas características xeolóxicas, pobre en materiais calizos, non é pródiga en fenómenos cársticos de envergadura, o que fai que as cavidades que atopamos sexan, salvo excepcións, de escaso desenvolvemento tanto en horizontal como vertical. Atendendo a este último criterio, atopamos a máxima profundidade ata o de agora explorada en territorio galego a –128 mts. Na Sima Aradela, situada na provincia de Lugo.
Resumo dos coñecementos actuais sobre quirópteros en Galicia
Autor: J. L. Sánchez Canals y J. Guitián Rivera.
Dezasete especies de quirópteros foron localizados e identificados ata a data en Galicia (Noroeste de España); oito destas especies foron atopadas en cavidades naturais. Engádense algúns comentarios sobre a súa abundancia relativa, distribución e conservación.
Espeleoloxía… o que non é deporte
Autor: Román Montesinos.
O autor expón algúns dos campos cara aos que pode ser orientada a Espeleología como actividade científica. E subliña que a tarefa de investigación débea realizar sempre un especialista.
Físico-química e contaminación no karst
Autor: J.A. Gálvez.
Tras definir os principais parámetros físico-químicos do medio cárstico, descríbense brevemente a zonación hidroxeolóxica e o movemento da auga no carst, para considerar seguidamente os principios de hidroquímica do mesmo e finalizar expoñendo as consideracións fundamentais sobre o comportamento do carst fronte á contaminación e a rexeneración de acuíferos cársticos contaminados.
Primera exploración na Cova do Rei Cintolo
Autor: Antonio Veiga González.
A práctica da Espeleoloxía como deporte e ciencia ten en Galicia unha data clave: agosto de 1954. Foi entón cando un nutrido equipo de espeleólogos galegos explorou con rigor e topografió a cavidade máis importante-polas súas dimensións-e popular de Galicia, a Cova do Rei Cintolo, situada nas proximidades de Mondoñedo, Lugo. Un dos compoñentes daquela memorable expedición conta detalles daquel acontecemento, que tivo ademais unha gran difusión ao ser comentado polos escritores Pedrayo, Cunqueiro e Castroviejo, entre outros.
As covas naturais no mundo e en Galicia
Autor: Xoán Ramón Vidal-Romaní.
Aínda que existe a tendencia para identificar as covas cos terreos calcáreos, o certo é que se coñecen cavidades en moi diferentes materiais: granito, xeso, lava, etc. En Galicia hai tamén as denominadas “furnas”, de erosión mariña e covas inexistentes, froito da imaxinación do home. Pero as “verdadeiras” cavidades de Galicia (Noroeste español) se encentran en áreas calcáreas moi restrinxidas das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.
Criterios geocronológicos relativos (no orgánicos) de aplicación en el karst
Autor: J. R. Montesinos.
Todos os procesos que conduciron á formación do carst parten da auga, ben desde o seu potencial disolvente ou erosivo ou pola súa capacidade de transportar partículas en suspensión que se depositan formando sedimentos. No presente traballo expóñense os criterios geocronológicos (non orgánicos) de aplicación no karst.
Intervención arqueolóxica no xacemento Paleolítico da Cova da Valiña (Castoverde-Lugo)
Autor: César Llana, Mª José Soto, Antonio M. Cortizas e Xosé María Lomba.
Breve presentación dos métodos e técnicas que un arqueólogo emprega para obter a información que precisa para coñecer a cultura que portaban os homes que fixeron da cova o seu hábitat.
A bibliografía na investigación das cavidades subterráneas de Galicia
Autor: Francisco Martínez García.
A intención deste artigo, é achegar aos espeleólogos galegos as fontes bibliográficas que poidan ser empregadas nas próximas campañas tanto prospectivas, topográficas como cando se acometan outro tipo de estudos, ben bioespeleológicos, paleontolóxicos etc.
Refuxio de Liñares (Piedrafita-Lugo)
Autor: Redacción
Artigo de presentación do Refuxio de Liñares, con motivo da súa inauguración.

