Licenzas 2026

Federarse

Xa podes tramitar a túa licenzaCada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que se recibe na FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras, dende a ligazón nesta páxina.

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte nas actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

Características principais

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da Federación.

Cotas, importes e impresos das licenzas 2025

A cota total a pagar en cada licenza resulta de sumar os seguintes conceptos:

  • Cota da Federación Galega de Espeleoloxía.
  • Seguro de Accidente Deportivo:
  • Seguro de Responsabilidade Civil
Licenzas 2026Descargas
Prezos das licenzas2026 prezos
Impreso de solicitude: Anual2026_Licenza
Impreso de solicitude: 1 Dia2026_Licenza_1_Dia
Impreso de solicitude: 3 Dias2026_Licenza_3_Dias
Impreso de solicitude: Outonal2026_Licenza_Outonal
Impreso de solicitude: Ampliación de Licenza.Ampliación de Licenza.
Documento de Autorización a menores de idade.Documento de Autorización a menores de idade.

Procedemento para a tramitación de licenzas de deportistas, técnicos ou árbitros

  1. Descargar o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
  2. Cubrir o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
    • Os estranxeiros poñerán o seu número de pasaporte.
    • Os menores de idade sen DNI, poñerán o do seu pai, nai ou titor legal.
    • No campo Tipo NIF, indicarase o tipo: DNI, DNI do titor (para menores de idade) ou  Pasaporte.
    • Elixir a categoría da licenza: Deportista, Técnico ou Árbitro.
    • Elixir o tipo de licenza: Club ou individual.
    • Elixir a idade da licenza: Infantil, Xuvenil ou Maior.
    • Elixir a modalidade da licenza: A, B, B1, A+, B+, B1+.
    • O impreso contabiliza de forma automática o importe da licenza elixida.
    • Todos os campos son obrigatorios.
  3. Ingresar o importe total, que figura ao final do impreso de ‘Solicitude’, na conta:
    • IBAN: ES96 3070 0028 9262 2747 4324
    • Swift: BCOEESMM070
  4. Enviar por correo electrónico o impreso de ‘Solicitude‘ cuberto e o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com
  5. O venres seguinte ao envío, cada federado poderá descargar a súa licenza en pdf desde a ligazón ‘Descarga a túa licenza‘.

Procedemento para a tramitación de licenzas de Clubes

A cota Autonómica anual de club é obrigatoria.

  1. Ingresar a cota autonómica, indicando o club que a realiza, na conta:
    • IBAN: ES96 3070 0028 9262 2747 4324
    • Swift: BCOEESMM070
  2. Enviar por correo electrónico o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com

Habilitación de la Federación Española de Espeleología

Instrucciones remitidas por la FEE: Aquellos de vuestros deportistas que estén interesados en habilitar su licencia con la FEE, deben cumplimentar el documento que os adjunto (en pdf y word), obligatoriamente. En caso de no recibir el documento debidamente cumplimentado y firmado, indicando que nos autorizan la cesión de datos a la FEE, no se tramitará la habilitación.
El coste de la habilitación es de 2,50€ por licencia, según establece la FEE.
Para proceder a la habilitación, os pedimos que cuando nos remitáis ficheros de licencias, nos adjuntéis una relación de los deportistas que desean habilitarla y el documento que adjuntamos cumplimentado por cada uno de ellos, así como el justificante de ingreso de la cantidad correspondiente a las habilitaciones. Se os emitirá una factura por las licencias tramitadas y otra por las habilitaciones.
La habilitación no tiene que solicitarse obligatoriamente cuando se tramite la licencia, puede ser solicitada a posteriori, ya que como nos indica la FEE se tramitarán semanalmente.
Ante cualquier duda, poneos en contacto con nosotros.

Documentos das pólizas e seguros

Teléfonos de asistencia en accidentes

Asistencia desde o Estranxeiro
(+34) 914 522 915
(de luns a venres de 9:00 a 18:00h.)

Urxencias 24 h. para España
 900 404 444