Sobre a federación
Espeleoloxía en Galicia: quen somos e que facemos na Federación
A Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) é a entidade que reúne, representa e coordina todas as Entidades e Seccións de Espeleología radicadas na Comunidade Autónoma Galega que á súa vez reúnen e agrupan aos seus Espeleólogos e Técnicos.

Actividades
Ao longo do ano, a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) organiza un amplo abano de actividades espeleolóxicas dirixidas á formación, divulgación e conservación do patrimonio natural subterráneo de Galicia.
Estas actividades contribúen á difusión e ao recoñecemento da espeleoloxía galega a nivel estatal e internacional.
Historia da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE)
As orixes da federación remóntanse ao Comité Rexional Gallego de Espeleología (1969). Posteriormente, dá lugar á Sección Galega de Espeleología (1977) e, finalmente, constitúese o 30 de maio de 1981 a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).
Ademáis, a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) está afiliada á Federación Española de Espeleología (FEE) e á Confederación de Espeleología e Canóns (CEC), integrando así o movemento espeleolóxico a nivel estatal.
Estas actividades contribúen á difusión e ao recoñecemento da espeleoloxía galega a nivel estatal e internacional.



