Espeleoloxía
Federación Galega de Espeleoloxía en Galicia
Desde sempre, o home interesouse pola exploración das covas buscando acubillo, vivenda, auga e mesmo tesouros. Por estes motivos, o nome da nosa práctica deportiva toma o nome de dúas palabras gregas “spelaion: caverna ou cavidade” e “logos: tratado ou estudo”, Espeleoloxía.
A pesar de que ao longo da historia houbo exploracións subterráneas, a práctica tal e como hoxe coñecémola nace a finais do século XIX da man de Edouard-Alfred Martel, verdadeiro promotor e pioneiro do que hoxe en día chamamos espeleoloxía modera.
O crecemento da espeleoloxía en España e Galicia, aínda que hai que mencionar as exploracións realizadas polos galegos Casiano de Prado e Jesús Carballo a mediados do século XIX, crece moi lentamente ata mediados dos anos 60 (do século XX). Momento a partir do cal se produce un auxe na práctica deste deporte.
Froito deste desenvolvemento en 1969 créase o Comité Rexional Galego de Espeleoloxía, do cal nace a Sección Galega de Espeleoloxía e posteriormente constitúese a Federación Galega Espeleoloxía.
A espeleoloxía deportiva
A práctica da espeleoloxía permítenos:
- Descubrir o que se atopa debaixo da terra: salas, galerías, ríos, lagos, estalactitas, estalagmitas, …
- Facer un deporte moi completo, onde escalamos, descendemos e ascendemos por cordas, …
- Coñecer a natureza, montañas, ríos,…
- Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.


A espeleoloxía como deporte-ciencia
Ademais, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que como espeleólogos levamos a cabo:
- As topografías das cavidades, realizando para iso medicións con compás, clinómetro, cinta métrica e outros aparellos.
- Estudos hidroxeolóxicos, coa finalidade de coñecer o comportamento das augas subterráneas tanto desde un punto de vista científico como para realizar as exploracións con seguridade.
- Estudamos e loitamos pola conservación da fauna subterránea, pouco coñecida e nalgúns casos de gran interese biolóxico.
- Ademais doutras áreas como: arqueoloxía, climatoloxía, fotográfica, mergullo en cavidades, ….
A práctica da espeleoloxía
A forma de iniciarse na espeleoloxía é Federándose e realizando os cursos que imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Unha vez adquirida a formación necesaria, as actividades levan a cabo a través dos clubes que forman parte da Federación, onde che proporcionarán toda a información que necesites para a práctica do noso deporte.

