Escola

Escola Galega de Espeleoloxía (EGE)

A Escola Galega de Espeleoloxía (EGE) é o órgano docente oficial da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE). Constituída o 2 de decembro de 1978, leva máis de catro décadas dedicadas á formación de espeleólogos en Galicia.

Ao longo do tempo, a EGE formou a máis de 3.500 espeleólogos e organizou máis de 200 actividades docentes, converténdose nun referente no ensino da espeleoloxía en Galicia.

Escola Galega de Espeleoloxía (EGE)

Obxectivos da Escola Galega de Espeleoloxía

A EGE ten como misión fundamental o ensino, divulgación e promoción da espeleoloxía nas súas distintas disciplinas, no marco da Comunidade Autónoma Galega. Os obxectivos principais son:

Icono ensino

O ensino, divulgación e promoción da espeleoloxía nas súas diversas especialidades no ámbito da Comunidade Autónoma Galega.

Icono métodos

A incorporación dos novos métodos, técnicas e avances conseguidos na práctica da espeleoloxía en todas as súas especialidades e especialmente as técnicas que supoñan unha prevención e diminución dos accidentes.

Competencias que levamos dentro da escola

O ensino oficial da espeleoloxía nas súas diversas especialidades, a formación do profesorado e dos seus cadros técnicos de ámbito autonómico.

O establecemento do réxime xeral de ensinos espeleolóxicas en coordinación coa Escola Española de Espeleoloxía, á cal estará adherida.

A regulación dos requisitos mínimos que deben ter os cursos de espeleoloxía de base, referentes a:

  • Titulación do profesorado que os imparte.
  • Relación numérica profesor – alumno.
  • Contidos e actividades prácticas a desenvolver.
  • Temporalización das accións formativas.
Competencias que levamos dentro da escola

Solicita máis información

Se queres recibir información detallada sobre os cursos dispoñibles, requisitos, datas ou inscricións, non dubides en cubrir o seguinte formulario. O noso equipo porase en contacto contigo para resolver as túas dúbidas e axudarche a comezar a túa aventura no mundo da espeleoloxía.

Datos de contacto

Director: Ignacio Hornes Amenedo
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo
Teléfono: 982507227
Correo: escuela@espeleoloxia.org
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía