Canóns
Canóns | Federación Galega de Espeleoloxía en Galicia
A práctica do descenso de canóns ou barrancos consiste en seguir o leito por onde discorren as augas dun río. É moi similar á espeleoloxía, pero á luz do sol, sen necesidade de remontar o descendido, polo que o esforzo, material e risco diminúen aínda que non desaparecen.
Nesta actividade podemos atopar verticais que obrigan a utilizar técnicas de rappel, escalada, destrepes e saltos sempre controlados. Tamén resulta indispensable saber nadar. A práctica deportiva desta modalidade require duns coñecementos e técnicas especiais que se adapten ás características de cada descenso.
O descenso de canóns é unha práctica deportiva asumida polas federacións de espeleoloxía, dentro da súa estrutura. Pódesche iniciar realizando os cursos que imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Unha vez adquirida a formación necesaria, as actividades levan a cabo a través dos clubes que forman parte da Federación, onde che proporcionarán toda a información que necesites para a práctica do noso deporte.

